Peneira - Wikipedia, a enciclopedia libre
Unha peneira é un instrumento formado tradicionalmente por unha caixa de madeira, con fondo de coiro con furados ou ben cunha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para separar as partículas de distinto grosor que constitúen certas materias, como a fariña, a area etc. En galego tamén recibe os nomes de baruto, bortel ou xirgo.